Quen somos?

Ames Pospetróleo nace en marzo de 2015 como un novo colectivo para a adaptación do municipio de Ames e da súa veciñanza para vivir con pouco e caro petróleo, é dicir, para a era pospetróleo, poscrecemento e postindustrial derivado do Peak Oil ou Teito da extracción mundial do petróleo. As consecuencias que vai ter a nivel mundial e a nivel galego, nós preocupámonos de tentar albiscalas a nivel local e pensar cómo lles facermos fronte.

Entre as nosas primeiras actividades realizamos unha batería de propostas de acción municipal para que fosen asumidas polos diversos grupos políticos que se presentarían ás eleccións municipais de maio de 2015. Esas medidas poden consultarse permanentemente actualizadas en Ames.PosPetroleo.com.

Se es una persoa sensibilizada coa cuestión do Peak Oil, do Decrecemento, da relocalización da vida social e económica, e outros temas relacionados, e vives no municipio de Ames, ponte en contacto connosco para unirmos forzas, deixando un comentario ao pé desta mesma páxina.

Se sodes unha asociación ou colectivo de Ames e queredes máis información sobre como vos vai afectar a fin do petróleo barato, podemos ter unha xuntanza, dar unha charla, facilitarvos documentais e outro material divulgativo sobre a cuestión. Para iso estamos! Deixádenos tamén un comentario.

Tamén nos podedes escribir ao noso enderezo de correo electrónico:

ames-pospetroleo-correo-electronico-225x27

Advertisements

4 thoughts on “Quen somos?

  1. xavier di:

    Ola, son Xavier e o sábado pasado asistín ó acto de presentación de Ames Postpetroleo en Bertamiráns. Resultou moi interesante tanto a proxección do documental como o coloquio posterior. Por todo isto agradecería me mantiverades informado das vosas actividades. Un saúdo.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s